domingo, 12 de maio de 2024

15 e 16 de maio: Feira mariñeira "Conserva o galego"

Chegan as Letras e é unha das datas máis destacadas nesta escola.

Levamos xa un tempo descubrindo a Luísa Villalta, a súa vida e a súa escrita cun montón de actividades e mesmo salas de fuga e; ligando a homenaxe a esta escritora co noso proxecto deste curso decidimos crear a nosa Feira Mariñeira "Conserva o galego".


Comezaremos a semana recibindo (se asinamos o compromiso de incremento de uso da lingua) a nosa pulseira "Conserva o galego. Fálao"

O vindeiro 15 e 16 de maio (mércores e xoves) o cole vivirá a súa feira cargada de obradoiros, encontros e tamén actuacións do alumnado. 

É certo que tivemos que  facer varias alternativas pola previsión de chuvia pero agardamos levar todo a porto....

Teremos moitos obradoiros (estampación, pulseiras mariñas, chaveiros de nós...) tamén recursos para as aulas, recunchos coma o do noso maio deste ano e uns encontros que levamos moito tempo agardando con Rogelio Santos Queiruga e coas redeiras do Fieital

Ademáis o xoves 16 actuaremos e teremos tamén un convidado (Félix Arias) e o acompañamento de 3 magníficos violinistas (Luca Capobianco Pazos, Artai Lema Lema e Aaron Puga Puente) para axudarnos na gala coa que pecharemos esta feira homenaxe a Luísa Villalta (tamén violinista) e ás ondiñas do noso proxecto e ás conserveiras (de onde cres que viña o lema deste ano se non?!)

Como tamén estudamos a lenda e a festa da Maruxaina (San Cibrao) optamos por inspirarnos nesa celebración por se queredes traer unha vestimenta semellante.


Ah, e lembrade axudar a facer o noso maio deste ano ao que cantarlle un bo maio!


Serán dous días moi intensos pero agardamos que tamén emocionantes e proveitosos para todos e todas! Chega a feira!

martes, 23 de abril de 2024

Certame literario!

 Co gallo do Día do Libro convocamos unha nova edición do noso Certame Literario!


Pode participar todo o alumnado do CEIP Juana de Vega así que lede ven as bases e a crear!

Lembrade que as oibras deben ser orixinais, en lingua galega e que se valorará a súa relación co proxecto do cole (ondiñas veñen). 

Tedes ATA O 8 DE MAIO PARA PARTICIPAR.