xoves, 8 de maio de 2025

Romaría das Letras!

 Chegou!

Chegan as Letras e é unha das datas máis destacadas nesta escola.

O vindeiro venres, 16 de maio de 2025, no CEIP Juana de Vega celebraremos a nosa Romaría das Letras.


Sendo este ano un ano tan especial de homenaxe nas Letras Galegas a todas as cantareiras e á nosa poesía popular, o cole non podía quedar atrás. Levamos moito tempo dándolle voltas a esta celebración. Investigamos, buscamos, falamos, aprendemos, creamos...

E o 16 teremos unha xornada chea de obradoiros, convivencia, agasallos, resolución do certame literario, actuacións e... por suposto... FLORES xa que tamén faremos o noso xa célebre maio.

Lembra que o venres 16 poderás achegar ao cole verde e flores para crear e decorar o noso maio 2025.


E que ademáis estamos convidados a vir todas e todos cunha prenda branca (ou similar) na parte de arriba da nosa roupa e cantos adobíos florais queiramos!


Prepárate para aprender, desfrutar, convivir, falar... e para cantar o noso Maio 2025!

mércores, 23 de abril de 2025

Certame literario 2025

 Chegou o día do libro e chega, por fin, o noso xa célebre Certame Literario BiblioNós.

Deixamos aquí as bases que recomendamos ler con detenemento e agardamos con ansia as vosas magnificas creacións! (Podedes facer clic para descarsgar e ver mellor a convocatoria)



luns, 10 de febreiro de 2025

O entroido Está en Nós.


 O tempo avanza e o noso PDI tamén.

Este ano, á calor do PDI "Está en Nós" e da homenaxe ao pasado, á nosa contorna, aos nosos maiores e ás súas formas de vida e sabedoría o CEIP Juana de Vega celebrará a súa primeira Vellada de xeito que todos e todas poderemos vir disfrazados de diferentes tipos de vellos e vellas o venres 28 de febreiro. 

(Poderán ser anciás e anciáns variados, de distinto humor, clase ou momento do día... bata e rulos para unha mañá, boina e chaleque para sacar o gando, complementos de anciá/n elegante ou as zapatillas dun/ha que acabe de espertar, as cartas dunha tarde de tute ou dominó... as opcións son moitas.) Animámosvos a buscar nos vosos faiados e bauis para crear divertidos e sostibles disfraces que nos fagan desfrutar!

Ademáis os nosos mecos deixan un mandadiño para cada día que imos adiantar a continuación!

+









A desfrutar da troula!



venres, 10 de xaneiro de 2025

A cápsula do tempo: Somos Nós

Contanse por decenas as actividades, accións e tarefas coas que se alimenta o noso PDI "está en Nós"

Pero hoxe sinalamos unha moi especial.

Co galo do X aniversario do centro reunímonos para gardar unha parte do que somos nun gran bidón que viaxará ao futuro: a nosa cápsula do tempo. Dentro dela van recordos, soños e traballo de cada aula, para que dentro de 10 anos, cando sexa aberta, poidan ou poidamos ver parte de quen eramos, que pensabamos e como viviamos neste 2025.

O noso cole cumple 10 anos, unha década de aprendizaxes, amizade e descubrimentos. Pero tamén sabemos que non somos só presente: vimos dun pasado cheo de historias, costumes e persoas que abriron camiño. Aprendemos delas, e agardamos que un día as xeracións futuras poidan aprender tamén de nós.

Por iso, nesta cápsula non gardamos só obxectos ou palabras. Gardamos identidade, gardamos comunidade, gardamos un pequeno reflexo do que somos Nós hoxe, rodeados pola nosa vila, a nosa natureza e a nosa cultura. E, quen sabe, dentro doutros 10 anos, cando abran de novo a cuberta, descubriremos canto cambiamos e canto segue vivo en nós.

Agardamos que esta cápsula do tempo sexa un fío que nos une co pasado e nos leva ao futuro, lembrándonos sempre de onde vimos, quen somos e cara a onde queremos ir.



xoves, 31 de outubro de 2024

O Samaín está en Nós!

 🍂🕯️🎃📚Non busques fóra o que #EstáEnNós… o outono e o Samaín están en nós… e así se manifestan na biblio coa ambientación e os obradoiros que imos desfrutando esta semana… #pdi2425 #bescolaresgal


luns, 28 de outubro de 2024

Video introdución

Que de que vai o #PDI2425 ? No cole xa o sabemos, se ti queres saber… xira o dispositivo e mira este video de introdución! ❤️‍🩹 #EstáEnNós

 

mércores, 16 de outubro de 2024

Está en Nós!


E ti… xa o sabías? Aquí un resumo de como, entre todos e todas, fomos quen de descubrir o título do proxecto deste curso. #pdi2425