xoves, 30 de abril de 2020

MIRANDO AS NUBES DESDE O SALÓN OU DESDE O PASEO

Pasamos moito tempo na casa, pero aínda así temos a oportunidade de asomarnos á xanela e contemplar o ceo. As nubes poden esconder o azul en días de chuvia, pero outras veces contan moitas cousas... Con este video do Salón do Libro podemos aprender moito sobre elas. E se podes saír dar un paseo, aínda que sexa curto, moito mellor! Máis oportunidades para observar!

RECOMENDAMOS LECTURAS EDUCATIVAS

BIBLIONÓS RECOMENDA...

Dende as bibliotecas escolares sempre estamos a compartir, publicar, recomendar lecturas para o noso alumnado. Pero hoxe queremos facer unha publicación diferente, queremos compartir algunhas recomendacións sobre lecturas educativas, dirixidas a docentes, familias ou calquer persoa que lle interese ler sobre educación.

Saca lapis e papel, que comezan as recomendacións de BIBLIONÓS!

Título: Educación Artística Sensible
Autor: José María Mesías Lema
Editorial: Graó




Título: El cerebro del niño explicado a los padres
Autor: Álvaro Bilbao
Editorial: plataforma




Título: Juegos minfulness
Autor: Susan Kaiser Greenland
Editorial: Gaia




Título: ¿Jugamos?
Autor: Inma Marín
Editorial: Paidós




Título: 150 actividades para jugar sin pantallas
Autor: Asia Citro
Editorial: Editorial Juventud




Título: Piezas sueltas. El juego infinito de crear.
Autor: Priscilla Vela y Mercedes Herrán
Editorial: LIT-ERA




Título: Educar en el asombro
Autor: JCatherine L'ecuyer
Editorial: Plataforma Actual




Título: Educar en la realidad
Autor: JCatherine L'ecuyer
Editorial: Plataforma Actual




Título: Educarnos para educar
Autor: Rosa Casafont y Laia Casas
Editorial: Paidós




Título: Educar con "co-razón"
Autor: José María Toro
Editorial: Desclée




Título: La sonrisa del conocimiento
Autor: José Antonio Fernández Bravo
Editorial: CCS




Título: EmocionArte con los niños
Autor: Macarena Chías y José Zurita
Editorial: Desclée




Título: El juego simbólico
Autor: Ángeles Ruiz de Velasco Gálvez y Javier Abad Molina
Editorial: Graó




Título: Sobre la enseñanza del lenguaje escrito y temas aledaños
Autor: Myriam Nemirovsky
Editorial: Paidós




Título: La oreja verde de la escuela
Autor: Carmen Díez Navarro
Editorial: Ediciones de la Torre




Título: El cerebro del niño
Autor: Daniel J. Siegel y Tina Payne Bryson
Editorial: Alba




Título: Educar para ser
Autor: Rebeca Wild
Editorial: Herder




Título: El arte de emocionarte
Autor: Cristina Núñez Pereira y Rafael R. Valcárcel
Editorial: Nube de tinta




Título: Escuela de fantasía
Autor: Gianni Rodari
Editorial: Blackie Books


Esperamos que a través destas recomendacións poidades atopar algún libro que se afaga aos vosos gustos e inquedanzas. Tedes para ler un bo anaquiño.

mércores, 29 de abril de 2020

Día Internacional da Danza

Xa van unha chea de celebracións dede que estamos na corentena! Pero procuramos non deixar ningunha sen festexar. E esta, menos aínda, porque se trata de bailar! Hoxe é o "Día Internacional da danza" e non podemos deixar de agradecer ao "Salón Virtual do Libro", e ao grupo "Pesdelán" a súa xenerosidade por compartir connosco todo o que saben facer tan ben. Aquí deixamos o video para que todos aprendamos a danzar: "O frevo" de Brasil, "O Pai Pauliño" e o "Pesiño" de Galicia, "O Kulalai" de Euskadi, e o "Baiâo" de Portugal.

luns, 27 de abril de 2020

Maratón de lectura: os profes contan a odisea.

O profesorado do CEIP Juana de Vega presenta hoxe a maratón de lectura 2020.

Todos os anos, vense a celebrar no centro esta maratón de lectura, na que os rapaces e rapazas acoden á biblioteca escolar para ler e achegarse un pouquiño a unha obra clásica, a través da lectura.

A obra clásica elixida este ano, é unha adaptación infantil da Odisea. A odisea é un poema épico grego composto por 24 cantos, atribuído ao poeta grego Homero. Esta obra conta as aventuras que Odiseo (tamén chamado Ulises), ten que vivir polo mar mediterráneo no seu regreso a Ítaca, despois de dez anos da guerra de Troia.

Este ano, por mor do confinamento, non podemos levar a cabo a maratón de lectura tal e como nos imaxinabamos, pero aínda así, non queríamos que quedase esquencida. Por iso, o profesorado achega esta lectura dos cantos I e XVI da Odisea, conmemorando a nosa maratón de lectura, e esperando poder facela pronto co noso alumnado.

CAPÍTULO I



CAPÍTULO XVI





Esperamos que vos guste!

sábado, 25 de abril de 2020

Lecturas en Infantil #contosnacasa

"CANTO CONTO TEÑEN" AS PROFES DE INFANTIL
 O Día do Libro celebrouse ao grande esta semana. As profes de Infantil contamos un conto para todos os nenos e nenas de Infantil, todos os días da semana e aínda queda por rematar con algunhos máis...


Cadaquen contou o seu conto dun xeito distinto..., pero en cada un deles houbo moito agarimo, traballo e ganas de entreter ao noso público máis novo e esixente.

Neste momento que nos toca vivir, necesitamos máis que nunca, ver e escoitar aos nosos seres cercanos, máis pretos que nunca e esta actividade logrou o noso obxectivo: entrar nas casas do noso alumnado cunha historia que contar.


Dámosvos as gracias as familias polas palabras de agradecemento recibidas e sabemos que os nenos e nenas de Infantil non paran de velos e escoitalos, que maior recompensa podemos ter!!!


 #TEMPODELER #QUÉDAMOSNACASA


xoves, 23 de abril de 2020

RECOMENDACIÓNS LECTORAS


Os beneficios da lectura son moitos nos nenos e nenas: adquisición de vocabulario, mellora da expresión, desenvolvemento da imaxinación e da creatividade.. por iso SEMPRE é convenienten fomentar o hábito de ler.
Nesta ocasión traemos unhas recomendacións lectoras elaboradas polo alumnado de terceiro durante  o confinamento, a lectura tamén nos sirve para evadirnos e vivir noutra pel, noutros mundos, noutro tempo..







mércores, 22 de abril de 2020

Moi boa tarde.
Hoxe, desde o noso blog queremos ter unha lembranza agarimosa á nosa poeta Luz Pozo Garza, recentemente finada con 97 anos.

O primeiro paso nesta pequena homenaxe é facer unha parada no seu nome; porque nel, combina a luminosidade, a claridade, a alegría do seu nome: Luz coa fondura do seu saber contar: Pozo e a lixeireza e a gracia do Garza.

O seu nome é apelidos xa son un poema, un haiku...

E nestes momentos, poesía e beleza son un bálsamo, unha pequena menciña.
Se desexades unirvos a nós no seu recordo, estados convidados.

martes, 21 de abril de 2020

LECTURAS COMPARTIDAS


Hoxe queremos contarvos desde o blog, unha nova actividade que se estivo a facer durante este curso na biblioteca do Juana de Vega: as lecturas compartidas.


As lecturas compartidas consisten en xuntar aulas de diferentes niveis do centro para ler xuntas. Concretamente hoxe vimos contar a experiencia da lectura compartida entre o alumnado de 5°B de educación infantil e o alumnado de 3° primaria.




O alumnado de primaria, xestiona a actividade incluíndo o uso tanto de material bibliográfico como tecnolóxico. No caso da clase de terceiro eleximos as lecturas previamente na aula, onde traballamos tamén con fondos das Bibliotecas Municipais, ou poden acudir libremente durante os recreos á nosa biblioteca. Despois das lecturas compartidas, facemos unha valoración da sesión, para mellorar aspectos organizativos, tamén levamos un rexistro individual das lecturas que imos completando.


O alumnado de infantil, acode á biblioteca onde se emparella co seu padriño ou madriña de primaria, e comeza a lectura. Para os cativos e cativas de infantil esta experiencia serve como animación á lectoescritura, xa que disfrutan lendo cos seus compañeiros e compañeiras maiores, e tamén se desenvolven actitudes e valores como a colaboración, o respeto, a toma de decisión compartidas…para eles é toda unha aventura!

Ás veces len nas mesas, outras na colchoneta, outras sentados a carón da ventana, e incluso alguna vez...ata leron en pixama!



                                                                                                                                            
Dende logo, é unha actividade enriquecedora tanto para os maiores coma para os pequenos, aprender xuntos é mais motivador!

venres, 17 de abril de 2020

BANDA DESEÑADA CON XOSÉ TOMÁS

É un auténtico luxo ter un mestre de banda deseñada como Xosé Tomás. E poder levalo a casa, máis aínda. Aulas Galegas comparte este curso que podemos aproveitar para facer algunha historieta caseira. Poida que non teñamos un potente ordenador coa aplicación que ten Xosé Tomás, porque el é un profesional; pero todos temos lápis e papel, e con iso e gañas de aprender, sobra.
 

MARCAPÁXINAS

Desde o blog da biblioteca e desde todas as aulas recomendamos lecturas sempre. Os libros son os nosos amigos, especialmente agora que estamos pechados e so podemos sair coa imaxinación. Nestes momentos os libros poden ser un barco, un avión, unha bici para pasear ou unha potente nave espacial que nos leve a visitar outros mundos. 
Por iso hai que coidalos. Imos aprender a facer uns marcapáxinas que podemos adornar con distintas figuras. Se é posible, utilizade papel para reciclar: papel de regalo, bolsas de papel, papel usado por unha cara,...Logo podedes colorealo e adornalo ao voso gusto. 

mércores, 15 de abril de 2020

Xogamos?

O instagram "lado.materialdidactico.oficial" propónnos un RETO:
Sodes capaces de atopar 34 contos infantís clásicos na seguinte imáxe?



SORTE!

mércores, 8 de abril de 2020

Mil Orellas

Laura Rey, mamá que forma parte da nosa comunidade educativa, comparte con nós este conto que leu para "Normalización Concello da Coruña". É un conto moi especial, un conto para persoas xordas, que interpreta na lingua de signos Natalia Navaza. Grazas, Laura!

O pequeno morcego

Paula Carballeira é unha das nosas contadoras favoritas. Desde o Salón do Libro de Pontevedra chega este fermoso conto sobre os animais da noite, protagonizado por un pequeno morcego con gañas de saír da casa. 

Con vós na casa


Grazas á xenerosidade de un grupo de autores, Bahía edicións fai accesible baixo o título "Con vós na casa" unha selección de trece obras agrupadas por idades. Solicitando que se faga un uso respectuoso e responsable das mesmas, facilita a descarga en pdf e a súa utilización no tempo de lecer. Outro recurso que amosa a solidariedade por enriba doutros valores, e que debemos aproveitar.

sábado, 4 de abril de 2020

Andersen conta... "El patito feo"

Candela e Tania abren o espazo de "Andersen conta" coa súa fermosa interpretación de "El patito feo". 

Baila con Nós

Remata este segundo trimestre do curso escolar, dunha forma imprevista. A biblioteca está "aberta virtualmente", todos ficamos na casa, traballamos ao lonxe e non nos podemos tocar. Pero si podemos cantar e bailar canto nos apeteza. A comunidade escolar do C.E.I.P. "Juana de Vega" sigue unida por un fío común. Bailamos?