Hoxe queremos contarvos desde o
blog, unha nova actividade que se estivo a facer durante este curso na
biblioteca do Juana de Vega: as lecturas compartidas.
As lecturas compartidas consisten en
xuntar aulas de diferentes niveis do centro para ler xuntas. Concretamente hoxe
vimos contar a experiencia da lectura compartida entre o alumnado de 5°B de
educación infantil e o alumnado de 3° primaria.
O alumnado de primaria, xestiona a
actividade incluíndo o uso tanto de material bibliográfico como tecnolóxico. No
caso da clase de terceiro eleximos as lecturas previamente na aula, onde
traballamos tamén con fondos das Bibliotecas Municipais, ou poden acudir libremente
durante os recreos á nosa biblioteca. Despois das lecturas compartidas, facemos
unha valoración da sesión, para mellorar aspectos organizativos, tamén levamos
un rexistro individual das lecturas que imos completando.
O alumnado de infantil, acode á biblioteca
onde se emparella co seu padriño ou madriña de primaria, e comeza a lectura.
Para os cativos e cativas de infantil esta experiencia serve como animación á
lectoescritura, xa que disfrutan lendo cos seus compañeiros e compañeiras
maiores, e tamén se desenvolven actitudes e valores como a colaboración, o
respeto, a toma de decisión compartidas…para eles é toda unha aventura!
Ás
veces len nas mesas, outras na colchoneta, outras sentados a carón da ventana,
e incluso alguna vez...ata leron en pixama!
Dende logo, é unha actividade
enriquecedora tanto para os maiores coma para os pequenos, aprender xuntos é
mais motivador!
Ningún comentario:
Publicar un comentario