Remata este segundo trimestre do curso escolar, dunha forma imprevista. A biblioteca está "aberta virtualmente", todos ficamos na casa, traballamos ao lonxe e non nos podemos tocar. Pero si podemos cantar e bailar canto nos apeteza. A comunidade escolar do C.E.I.P. "Juana de Vega" sigue unida por un fío común. Bailamos?
Amosando publicacións coa etiqueta música b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta música b>. Amosar todas as publicacións
sábado, 4 de abril de 2020
mércores, 18 de marzo de 2020
MUSIQUEANDO
Damos a benvida ao entorno dixital á aula de música. María decidiu crear un blog para que non abandonemos esta parte tan importante da nosa formación. Desde hoxe aparece no encabezado do noso blog, para compartir arte, melodías, bailes e tradición. Podedes aproveitar agora e botarlle unha ollada premendo na imaxe. martes, 24 de xaneiro de 2017
30 de xaneiro, día da Paz
O día 30 de xaneiro celebramos o "Día Escolar da non violencia e a Paz", conmemorando a morte dun dos maiores defensores da Paz: Gandhi.
Unha das súas seguidoras, Indira Gandhi, deixounos esta marabillosa frase: "Co puño fechado non se pode dar a man". Por iso, a man aberta é considerada un símbolo de Paz. Se xuntamos as nosas mans, abrimos a porta á amizade, á comprensión e aos aloumiños. E non hai mellor aloumiño que unha aperta. Por iso, neste día da Paz escollemos a canción "A rumba das apertas", que nos acompañará durante a celebración do día 30.
Se queres aprendela ben, podes baixar a letra premendo aquí.
Déixovos un video no que se podemos ver o ben que nos fai esta canción.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)