Damos a benvida ao entorno dixital á aula de música. María decidiu crear un blog para que non abandonemos esta parte tan importante da nosa formación. Desde hoxe aparece no encabezado do noso blog, para compartir arte, melodías, bailes e tradición. Podedes aproveitar agora e botarlle unha ollada premendo na imaxe.
Amosando publicacións coa etiqueta tradición b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta tradición b>. Amosar todas as publicacións
mércores, 18 de marzo de 2020
MUSIQUEANDO
Damos a benvida ao entorno dixital á aula de música. María decidiu crear un blog para que non abandonemos esta parte tan importante da nosa formación. Desde hoxe aparece no encabezado do noso blog, para compartir arte, melodías, bailes e tradición. Podedes aproveitar agora e botarlle unha ollada premendo na imaxe. luns, 7 de novembro de 2016
O Magosto
coa súa casa ben pechada
-ouh, que medo!-
de espiñas toda cercada.
Quer botar unha risada
e os seus dentes arregaña
case un nada:
e xa fuxiu a castaña...!
Neste poema de Manuel María, descríbese moi ben de onde saen as castañas. O Magosto é unha festa que celebramos sempre no Outono, porque é cando podemos recolectar este froito dos castiñeiros.
Se queredes aprender máis sobre o tema, podedes traballar con este caderniño ofrecido polo CEIP Galán, ou clicar no enlace que aparece á dereita, no que o C.E.I.P. Víctor Sáenz comparte os recursos recopilados.
domingo, 16 de outubro de 2016
Achégase o Samaín
Xa estamos a mediados de outubro. Iso significa que se achega a festa do Samaín (que noutros sitios chaman Halloween...). Aínda que moita xente pensa que esta festa é un "invento" dos estadounidenses, na realidade é unha celebración moi antiga, e moi unida á natureza e ás estacións do ano. Nesta páxina do C.E.I.P. "Victor Sáenz" , de Mazaricos, podedes atopar unha morea de información e moitas actividades para achegarnos á primeira celebración do outono. Para ir abrindo boca, aquí vos queda este video montado pola Biblioteca do C.E.I.P. "Mestres Goldar".
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
