Chegou!
Chegan as Letras e é unha das datas máis destacadas nesta escola.
O vindeiro venres, 16 de maio de 2025, no CEIP Juana de Vega celebraremos a nosa Romaría das Letras.
Sendo este ano un ano tan especial de homenaxe nas Letras Galegas a todas as cantareiras e á nosa poesía popular, o cole non podía quedar atrás. Levamos moito tempo dándolle voltas a esta celebración. Investigamos, buscamos, falamos, aprendemos, creamos...
E o 16 teremos unha xornada chea de obradoiros, convivencia, agasallos, resolución do certame literario, actuacións e... por suposto... FLORES xa que tamén faremos o noso xa célebre maio.
Lembra que o venres 16 poderás achegar ao cole verde e flores para crear e decorar o noso maio 2025.
E que ademáis estamos convidados a vir todas e todos cunha prenda branca (ou similar) na parte de arriba da nosa roupa e cantos adobíos florais queiramos!
Prepárate para aprender, desfrutar, convivir, falar... e para cantar o noso Maio 2025!