Chegan as Letras e é unha das datas máis destacadas nesta escola.
Levamos xa un tempo descubrindo a Luísa Villalta, a súa vida e a súa escrita cun montón de actividades e mesmo salas de fuga e; ligando a homenaxe a esta escritora co noso proxecto deste curso decidimos crear a nosa Feira Mariñeira "Conserva o galego".
Comezaremos a semana recibindo (se asinamos o compromiso de incremento de uso da lingua) a nosa pulseira "Conserva o galego. Fálao"
O vindeiro 15 e 16 de maio (mércores e xoves) o cole vivirá a súa feira cargada de obradoiros, encontros e tamén actuacións do alumnado.
É certo que tivemos que facer varias alternativas pola previsión de chuvia pero agardamos levar todo a porto....
Ademáis o xoves 16 actuaremos e teremos tamén un convidado (Félix Arias) e o acompañamento de 3 magníficos violinistas (Luca Capobianco Pazos, Artai Lema Lema e Aaron Puga Puente) para axudarnos na gala coa que pecharemos esta feira homenaxe a Luísa Villalta (tamén violinista) e ás ondiñas do noso proxecto e ás conserveiras (de onde cres que viña o lema deste ano se non?!)