mércores, 25 de outubro de 2017

O Samaín

Achégase o 31 de Outubro, víspera da celebración de "Todos os Santos"... O Samaín! Unha das nosas celebracións favoritas.

Na biblioteca tedes unha selección de libros que falan sobre esta festa, e sobre os medos.....

Para ir quentando motores, aquí vos queda o video da canción que cantaremos este outono:

luns, 23 de outubro de 2017

Guía do usuario

Para aprender a aproveitar a biblioteca podes consultar a nosa "Guía do usuario". Nela atoparás o plano da biblioteca, a lista de servizos que podes utilizar, as normas de uso, e unhas breves orientacións sobre como atopar o exemplar (libro, película, Cd) que buscas. Preme na imaxe para poder lelo.

24 de Outubro, Día da Biblioteca

http://www.amigosdelibro.com/images/PREGON%202017.jpgCada 24 de outubro celebramos o "Día da Biblioteca", en lembranza do incendio da Biblioteca de Saraievo durante a Guerra dos Balcáns, no ano 1992. Aproveitaremos para reflexionar sobre a importancia de conservar o saber, de formarnos como cidadáns responsables, e de utilizar a biblioteca como punto de encontro. 
Cada ano, a "Asociación de Amigos del Libro infantil y Juvenil" escolle un escritor para que conte a súa historia relacionada cos libros, e un ilustrador que sexa quen de representala en imaxes. 
Este ano, Alejandro Palomas (Premio Nacional de Literatura Infantil 2016) é quen escribe sobre os seus recordos de neno, e Manuel Marsol (Premio Internacional de Ilustración Feria de Bolonia - Fundación SM), quen aporta o cartaz. 
Podes ler o texto "Como Mary Poppins, pero sin volar" premendo na imaxe.