Como cada ano, dedicamos este mes á Ciencia en Galego nas Bibliotecas Escolares, por iniciativa das Consellerías de Cultura e Educación, xunto coa Secretaría Xeral de Política Lingüística.
É o momento de poñer en valor as publicacións feitas para os distintos niveis de ensino, e difundir os recursos que científicos, escritores e especialistas diversos publican en distintos medios e soportes.
Neste curso, o Profesor de Bioloxía da Universidade de Vigo, Luis Navarro, publica un manifesto, no que afirma: "Para ser libre mediante a cultura, igual ca para facer boa cienica, hai que ler".
Aproveitemos as actividades preparadas desde distintas bibliotecas para disfrutar da ciencia viva, e mellorar o noso coñecemento do mundo no que vivimos, neste mes e durante todo o ano. Non hai mellor viaxe.
Ningún comentario:
Publicar un comentario