Feliz día do libro a todas e todos!! (Ben, case, que xa sabemos que é mañá, sábado 23)
Temos unha boa nova!:
Para comezar deixámosvos o texto conmemorativo deste ano, que correu ao cargo de Xosé Ballesteros e agardamos que vos guste e vos inspire, nel fala da viaxe que inician autores/as e ilustradores/as, con parada en editoriais, imprentas, librarías, para atopar, finalmente, porto seguro en bibliotecas como a nosa a carón dos lectores e lectoras.
Ademáis, que ledicia nos deu ler a última das liñas do texto:
"Velaí o libro: unha faísca da memoria do mundo"
Non podía ser máis acaído para dar a benvida á nosa nova mascota. Faísca!!!
E agora imos coa boa nova que adiantamos...
ESTADES CONVOCADAS/OS!!!
Co gallo do Día do Libro a vosa biblio convoca o segundo certame literario no que podedes dar ás á vosa imaxinación, sabemos que hai grandes lectores/as, escritores/as, ilustradores/as nas aulas así que devecemos por botar un ollo ás vosas obras.
Aquí tedes un resumo da convocatoria e ante calquera dúbida... preguntade!
Mira a túa categoría, non esquezas a data e...participa!
Pd: Non esquezas entrar de cando en cando na web da radio, temos novos capítulos do podcast dos "Diarios do Noso Camiño" e novas entrevistas no programa "O falar da xente" así coma outros programas que están a piques de saír do forno de Radio Cigurat!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario