Hoxe o alumnado de primaria poderá empezar a usar a biblioteca. Sabémolo porque recibimos nas nosas aulas a carta do Señor Pippin recordando o que podemos facer na biblioteca. Este curso prestaremos especial atención a coidar de todo o material, e respectar os espazos para o seu uso. O señor Pippin recórdanolo todo nesta carta. Os máis pequenos, que estamos aprendendo a utilizala, recibiremos a axuda dos maiores, que coidaron de ela antes ca nós.
domingo, 12 de novembro de 2017
domingo, 5 de novembro de 2017
Mercadiño "Troco e Trato"
Desde o luns, día 6 de novembro, e ata o xoves, 9 manteremos aberto o "Mercadiño de Outono: troco e trato". Queremos darlle unha nova vida aos libros que tiveron un breve paso pola nosa biblioteca, e esperamos que os acollades nas vosas casas. So tés que deixarnos 5 castañas a cambio de cada libro.
Se queres participar traendo castañas, pero non levando libros, tamén caben no cesto... Feliz Magosto!
O MAGOSTO
Pois parece mentira... case sen respirar chegamos do Samaín ao Magosto... Para acompañalo, podemos empezar a ambientarnos con un rap ben sinxeliño...
E mentres cantamos, por que non imos aprender algo máis sobre esta festa? De onde ven o nome de "Magosto"? E as castañas, de onde saen? Que teñen de especial? No repositorio ABALAR, atopamos estes recursos:
Aquí tés información e actividades interactivas para poder respostar a calquera pregunta que se che ocorra sobre o Magosto.
E se pinchas na imaxe de embaixo, podes acceder ao material fotocopiable preparado polo C.E.I.P. "Galán", e elaborar un "minilibro" sobre a festa (1º e 2º ciclo):
Podes acceder tamén aos materiais para 5º e 6º.
Desde aquí podes acceder ao conto da "Castaña Dorinda", e aos materiais preparados desde o C.E.I.P. "Victor Sáenz".
mércores, 25 de outubro de 2017
O Samaín
Achégase o 31 de Outubro, víspera da celebración de "Todos os Santos"... O Samaín! Unha das nosas celebracións favoritas.
Na biblioteca tedes unha selección de libros que falan sobre esta festa, e sobre os medos.....
Para ir quentando motores, aquí vos queda o video da canción que cantaremos este outono:
Na biblioteca tedes unha selección de libros que falan sobre esta festa, e sobre os medos.....
Para ir quentando motores, aquí vos queda o video da canción que cantaremos este outono:
luns, 23 de outubro de 2017
Guía do usuario
Para aprender a aproveitar a biblioteca podes consultar a nosa "Guía do usuario". Nela atoparás o plano da biblioteca, a lista de servizos que podes utilizar, as normas de uso, e unhas breves orientacións sobre como atopar o exemplar (libro, película, Cd) que buscas. Preme na imaxe para poder lelo.
24 de Outubro, Día da Biblioteca
Cada 24 de outubro celebramos o "Día da Biblioteca", en lembranza do incendio da Biblioteca de Saraievo durante a Guerra dos Balcáns, no ano 1992. Aproveitaremos para reflexionar sobre a importancia de conservar o saber, de formarnos como cidadáns responsables, e de utilizar a biblioteca como punto de encontro.
Cada ano, a "Asociación de Amigos del Libro infantil y Juvenil" escolle un escritor para que conte a súa historia relacionada cos libros, e un ilustrador que sexa quen de representala en imaxes.
Este ano, Alejandro Palomas (Premio Nacional de Literatura Infantil 2016) é quen escribe sobre os seus recordos de neno, e Manuel Marsol (Premio Internacional de Ilustración Feria de Bolonia - Fundación SM), quen aporta o cartaz.
Podes ler o texto "Como Mary Poppins, pero sin volar" premendo na imaxe.
domingo, 26 de marzo de 2017
2 de abril, día do Libro Infantil e Xuvenil
Todos os anos, coincidindo co aniversario do nacemento de Hans Christian Andersen, celebramos o "Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil".
Cada ano o IBBY escolle un autor e un ilustrador para difundir a celebración, e este ano foi a federación rusa a encargada. O poeta Sergey Makhotin foi o encargado do texto, e Mikhail Fedorov o da ilustración.
Se queres celebralo ti tamén, podes aproveitar para reler contos de Andersen. Cantos coñeces? Gustaríache debuxar como imaxinas ti ao soldadiño de chumbo, a sereíña ou ao vaidoso rei nú? Participa na nosa exposición.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)



