Aínda que xa pasaron algunhas semanas, cómpre lembrar a esperada visita de Ana María Fernández, a nosa "poeta de cabeceira" para este curso. Antes da súa chegada xa coñeciamos a súa poesía, porque levábamos apañados moitos dos seus versos desde os tendais dos corredores. Agora que sabíamos como escribía so faltaba saber como era, e escoitala, e compartir con ela unha mañá de primavera.
luns, 20 de maio de 2019
mércores, 1 de maio de 2019
QUEDOUNOS POR CONTAR... (I)
O pasado mes de marzo celebramos o noso "I Concurso de Lectura de Poesía en voz alta". Foron 21 os participantes que se anotaron previamente e presentáronse puntuais na biblioteca para ler o poema que prepararan. Nervos, dúbidas, pero moitas gañas de participar. Son os primeiros concursantes da nosa xoven biblioteca. Pedimos disculpas pola calidade do primeiro video. Son cousas "do directo".
Despois destes pequenos valentes, participaron os alumnos e alumnas de terceiro e cuarto de primaria.
E finalmente, os maiores:
Agradecemos a participación de todos e de todas, e tamén á ANPA, que formou parte do xurado.
luns, 1 de abril de 2019
Día Internacional do Autismo
Esta é a versión audiovisual do conto "El cazo de Lorenzo", escrito por Isabel Carrier e publicado pola Editorial Juventud. Narra a historia de Lorenzo, un neno que ten que arrastrar sempre con el un cazo, que ás veces resulta molesto, e outras, ábrelle posibilidades que outros non teñen.
Día do Libro Infantil e Xuvenil
Conmemórase como cada 2 de abril o "Día do Libro Infantil Infantil e Xuvenil", unha data escollida para lembrar o aniversario de Hans Christian Andersen. Con este motivo, o IBBY (International Board on Books for Young People) e as súas seccións OEPLI (Organización Española para el Libro Infantil y Juvenil) e Gálix (Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil), difunden todos os anos un cartel e un relato dun autor coñecido na literatura infantil e xuvenil. O país escollido nesta ocasión é Lituania, co seu escritor e ilustrador Kestoutis Kasparavicius.
Se clicas no cartel, terás acceso ao texto do escritor lituano.
mércores, 27 de marzo de 2019
Gracia Santorum e o album ilustrado
Dentro das actividades programadas no Proxecto de Formación do Profesorado, desenvolvemos mensualmente un "Obradoiro das familias", para tratar cuestións arredor da lectura, especificamente infantil e xuvenil. Grazas á colaboración co Centro de Formación e recursos, o martes, día 2 de abril, a partir das 16.00 horas contaremos coa presenza de Gracia Santorum, unha das mantedoras do blog "Trafegando Ronseis", e especialista neste tema que tanto nos gusta. Gracia compartirá con nós unha tarde falando dos álbumes ilustrados. A actividade estará aberta á comunidade.
"I Concurso de lectura de poesía en voz alta"
Este venres, día 29 celebraremos na biblioteca o "I Concurso de lectura de poesía en voz alta".
Trátase de que os interesados en participar escollan o seu poema favorito, e o lean, en voz alta, diante do xurado proposto pola biblioteca. Se che gusta ler en voz alta, e che gusta a poesía, esta é a túa oportunidade.
Anótate utilizando a folla de inscrición.
domingo, 10 de marzo de 2019
A poesía de Ana Mª Fernández
O mes de marzo é o mes da poesía. Este curso escollemos unha autora de aquí, Ana Mª Fernández, que escribiu para maiores e pequenos. Ana tamén é mestra, e sabe moito dos nosos gustos. Publicou obras de teatro, narracións, ensaios e, por suposto, poesía.
Podes investigar sobre a súa biografía e outras obras publicadas na web, onde tamén encontrarás un dos seus poemas, musicado por "Mamá Cabra". Tomámolo prestado do blog da biblioteca do C.E.I.P. "Isaac Peral":
Podes investigar sobre a súa biografía e outras obras publicadas na web, onde tamén encontrarás un dos seus poemas, musicado por "Mamá Cabra". Tomámolo prestado do blog da biblioteca do C.E.I.P. "Isaac Peral":
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)

