
O dramaturgo paquistaní Shahid Nadeen encargouse de redactar o manifesto: "O teatro como santuario".
Para celebralo, imos compartir algunhas propostas:
Caramuxo teatro comparte "Na casa", teatro para bebés, con música e cancións.
Tanxarina títeres interpreta: "A galiña azul".
Tedes tamén pezas teatrais en video na Biblioteca Virtual Galega (é preciso que as descarguedes).
Dispoñedes dun espazo teatral no Estudio 1 de RTVE.
E cada día, ás 18.00 horas diferentes artistas comparten as súas creacións na súa páxina de facebook en Teatros del Canal.
Agora temos que facelo desde a casa. Pero cando pase todo isto, ide ao teatro!
Ningún comentario:
Publicar un comentario