Leamos aos clásicos
Odiseo e as sirenas |
Durante moito tempo algunhos libros non foron considerados adecuados para os nenos, poño o caso do noso clásico por excelencia: O Quixote, ou o libro, sempre controvertido, O Principiño. Con todo, na actualidade, son libros cuxas adaptacións se len e gustan moito entre o público infantil.
Por isto,aínda a risco de equivocarnos, pensamos que a resposta a estas preguntas, moi lóxicas por outra banda, é que si.
Neste libro os resortes da peripecia, a intriga e o suspenso que moven a aventura atópanse cercanos dos recursos da imaxinación e a fantasía empregados nos nosos relatos modernos que nos son tan familiares: monstros, pantasmas, feiticeiras, historias de amor e celos..., a Odisea contén todos os ingredientes do moderno relato de aventuras.
Quijote y su inseparable Sancho |
Podemos dicir que A Odisea é deses libros que transcenden o tempo e mesmo o espazo, xa que son representativos dunha gran cultura, cuxas concepcións do mundo seguen vixentes hoxe en día.
Ningún comentario:
Publicar un comentario